HORA x HORA

HORA x HORA

miércoles, 23 de septiembre de 2009

CONTACTO




Concello de Verín

Tlf: 988 410000-Fax: 988 411900
bancodotempo@verin.net
www.verin.es

EXEMPLOS

“Se tes coñecementos de debuxo e dispós de tempo libre, poderás intercambialo por algo que precises gratuitamente. Por exemplo: que che ensinen a pescar”

“Se es un/unha profesor/a xubilado/a e estás disposto/a a ofrecer os teus servizos de maneira gratuita durante unha hora, pode haber alguén que che arranxe o xardín.”

obxectivos do banco do tempo


· Integrar á cidadanía, independentemente da súa idade, sexo, raza e condición social, e compartir actividades, tempo e solucionar deste xeito as pequenas cousas da vida.

· Ser un medio económico, xa que permite aforrar cartos e resérvalos para actividades prioritarias ou urxentes.

QUE SE PODE INTERCAMBIAR

A modo de exemplo, pódense intercambiar os seguintes servizos :

· AXUDA DOMÉSTICA (atencion aos/ás nenos/as, coser, cociñar…)
· EDUCACIÓN E FORMACIÓN (xeral, novas tecnoloxías, manexo do móbil, TDT, aprender a pescar...)
· REPARACIÓNS DOMÉSTICAS (electricidade, xardín, pintura…)
· ARTE, ARTESANÍA E MÚSICA (pintar, fotografía tradicións populares...)
· BENESTAR (apoios na saúde, nos coidados persoais, estéticos...)
· ACOMPAÑANTE (para pasear, correr, ir ao centro saúde...)
· TRANSPORTES E AXUDA EN DESPRAZAMENTOS (para facer compras, coller o autobús, mudanza...)
· RECREACIÓN E DIVERSIÓN (libros, bailes, xogar aos videoxogos...)
· ACTIVIDADES NA COMUNIDADE (colaborar co banco do tempo, en asociacións, reciclaxe...)
· ASESORAMENTO ADMINISTRATIVO (xestións, asesoramento legal, ...)


Isto son soamente exemplos dalgúns intercambios, os bancos do tempo teñen moitas potencialidades, ANÍMENSE E FAGAN AS SÚAS OFERTAS E DEMANDAS por orixinais que sexan.

RECORDE: SO SE INTERCAMBIA TEMPO POR TEMPO, non gastos materiais (pintura, enchufe...non).

¿Quen pode participar?

A iniciativa está aberta a tódalas persoas de dezaoito anos en diante, dispostas a compartir o seu tempo, e que estén empadroadas no Concello de Verín e zonas limítrofes.

¿como funciona?

Unha persoa deposita unhas horas de tempo ofertando un servizo que desexa dar, a cambio, pode solicitar tempo doutras persoas para resolver necesidades e actividades da vida diaria.

¿que é?

O primeiro Banco que funciona sen cartos. As persoas intercambian servizos e depositan tempo, o cal retirarán cando crean conveniente empregalo.

FAITE SOCIO/A

Participar neste Banco non che costará nada, tan só algo do teu tempo. Os/as socios/as recibirán unha lista actualizada con tódalas actividades e servizos que ofertan as persoas que forman parte do Banco. A AXENTE DO TEMPO é a responsable dos intercambios. O BANCO DO TEMPO organizará xuntanzas mensuais, obradoiros, charlas e saídas culturais para que as persoas se coñezan e facilitarlles os intercambios.

CARTEL


tríptico


tríptico