HORA x HORA

HORA x HORA

martes, 30 de noviembre de 2010

SEMINARIO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS EN ATENCIÓN A DEPENDENTES

Seminario Gratuito de 2 horas de duración que se celebrará no Centro Cooperativo de Verín.


Seminario Prevención Riscos Laborais en Atención a DEPENDENTES

Os contidos a desenvolver son os seguintes:


- Principais riscos na actividade de atención e asistencia a persoas dependentes e a súa prevención.

- Prevención de trastornos musculoesqueléticos na mobilización e desprazamento de persoas dependentes.

Data: Xoves, 2 de decembro

Horario: de 19.00 a 21.00 horas


INSCRIPCIONS: 988 413 415 ou centro.cooperativo.verin@gmail.com

lunes, 29 de noviembre de 2010

REUNIÓN SOCIOS/AS: MAGOSTO

El jueves día 2-12-2010, realizaremos la fiesta del Magosto, suspendida el día 11 de noviembre. Saldremos de la Casa da Xuventude, a las 17h, dirección Terroso.
Precio: 5 euros.
Los/as socios/as interesados deben confirmar la asistencia.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

REUNIÓN SOCIOS/AS

DÍA: Jueves, 25-11-2010
HORA: 19h.
LUGAR: Casa da Xuventude
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN VERÍN: "Eu non son cómplice"
Iremos al acto de concentración que se realizará en la plaza García Barbón, como apoyo hacia todas las mujeres que se encuentran en esa situación.
"Los socios/as del Banco do Tempo no miramos para otro lado"

martes, 23 de noviembre de 2010

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN VERÍN

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín, en colaboración coa Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), organiza a campaña de sensibilización ‘Eu non son cómplice’, co obxecto de conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Mediante esta campaña trátase de concienciar á poboación de que o problema da violencia de xénero contra as mulleres é un problema que nos afecta a todos e todas, e que existe a responsabilidade de erradicar nesta sociedade unha problemática que cada ano arranca a vida de moitas mulleres. Non mirar para outro lado, axudar ás mulleres que se atopan nesta situación, apoialas e mostrarlle que non están soas, demostrarlles que non é un problema ‘da casa’ senón unha lacra que segue minguando os resultados da loita contra a igualdade entre homes e mulleres, igualdade que debe ser o fin último de calquera sociedade moderna, convértense nos obxectivos da mesma.

Devandita campaña publicitaria de sensibilización en contra da violencia de xénero foi visible a través do reparto, nestes últimos quince días de novembro, de bolsas de pan de papel co lema “Eu non son cómplice. O círculo da violencia de xénero é un delito que debemos combater”, a imaxe da campaña e o acto de concentración que se realizará o propio xoves 25 de novembro.

Neste acto de concentración, na praza García Barbón e a partir das 20 horas, leranse frases de sensibilización, que redactaron alumnos/as dos institutos do municipio, e serán repartidas entre a poboación.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

CINE-FÓRUM

Día: Jueves 18-11-2010
Hora: 16.30h.
Lugar: Casa da Xuventude

lunes, 15 de noviembre de 2010

SALIDA RECOGIDA DE SETAS


El día 26/10/2010 los/as socios/as del Banco del Tiempo fuimos a recoger setas.
Un gran éxito!!!
Comprobarlo en la foto!!!

martes, 9 de noviembre de 2010

FIESTA DEL MAGOSTO: 11-11-2010

SE SUSPENDE LA FIESTA DEL MAGOSTO, POR MOTIVOS PERSONALES.

lunes, 8 de noviembre de 2010

SAIDA "CASTELO DE MONTERREI"




O día 21/10/2010 os/as socios/as do Banco do Tempo fixemos un percorrido guiado por un Guía de Ruta ata o Castelo de Monterrei. Saímos as 16.30h. da Casa da Cultura e voltamos as 20h. do Castelo, con parada na Casa do Escudo.
Unha tarde compartindo!

martes, 2 de noviembre de 2010

REUNIÓN SOCIOS/AS


Reunión: jueves, 4 de Noviembre, a las 16:30h.
Lugar: Casa da Xuventude.
Motivo: Salida a la Casa do Escudo: Exposición "En Camiño na". Inauguración a las 19h.
Acuerdos para las próximas actividades: Magosto.


Exposición "En Camiño na"

O xoves día 4 ás 19h00 a Casa do Escudo abre ao público a exposición En Camiño, que promove a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. A mostra clausurarase o día 29 de novembro e poderase visitar de luns a sábado en horarios de 10h00 ás 14h00 e das 16h30 ás 20h30.
A exposición En Camiño está formada por unha colección de 28 imaxes fotográficas do Camiño de Santiago en Galicia e da cidade de Santiago en formato 50 x 60 cm, que van montadas en caixas de luz (600 x 1.000 cm) e unha serie adicional de fotos sobre a cidade de Santiago. Un vídeo-documento, no que peregrinos procedentes de Alemaña, Francia, Inglaterra, Australia, América Latina e diversas Comunidades Autónomas de España relatan a súa experiencia de modo directo, complementa as coleccións de fotografías.