O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín, en colaboración coa Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), organiza a campaña de sensibilización ‘Eu non son cómplice’, co obxecto de conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Mediante esta campaña trátase de concienciar á poboación de que o problema da violencia de xénero contra as mulleres é un problema que nos afecta a todos e todas, e que existe a responsabilidade de erradicar nesta sociedade unha problemática que cada ano arranca a vida de moitas mulleres. Non mirar para outro lado, axudar ás mulleres que se atopan nesta situación, apoialas e mostrarlle que non están soas, demostrarlles que non é un problema ‘da casa’ senón unha lacra que segue minguando os resultados da loita contra a igualdade entre homes e mulleres, igualdade que debe ser o fin último de calquera sociedade moderna, convértense nos obxectivos da mesma.
Devandita campaña publicitaria de sensibilización en contra da violencia de xénero foi visible a través do reparto, nestes últimos quince días de novembro, de bolsas de pan de papel co lema “Eu non son cómplice. O círculo da violencia de xénero é un delito que debemos combater”, a imaxe da campaña e o acto de concentración que se realizará o propio xoves 25 de novembro.
Neste acto de concentración, na praza García Barbón e a partir das 20 horas, leranse frases de sensibilización, que redactaron alumnos/as dos institutos do municipio, e serán repartidas entre a poboación.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario