HORA x HORA

HORA x HORA

viernes, 1 de octubre de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

O sábado celébrase en Verín o Día Internacional da Non Violencia cun acto (Casa da Cultura, 7 da tarde) e a apertura dunha exposición. Sobre ambas actividades, xunto uns ficheiros ampliando a información.

Ábrete a culturas, disfruta con testimonios, imaxes, experiencias. Coñecer da saber e tolerancia.

PARTICIPA.

Actos sobre o Tíbet en Verín no Día Internacional da Non Violencia



O único monxe budista existente en Galicia, Martín García Pérez “Thupten Chopel”, visitará Verín o sábado día 2 de outubro, con motivo do Día Internacional da Non Violencia. Ás 19h00, na Casa da Cultura, baixo o denominación “Non violencia e cultura tibetana”, participará nun acto que consistirá nunha proxección de fotografías sobre a cultura tibetana, realizadas polo monxe, e un posterior coloquio co público.

Tamén desde ese día, a Casa do Escudo acollerá unha exposición de traballos do monxe-fotógrafo titulada Cultura tibetana. A exposición clausurarase o día 14 e estará aberta ao público das 10 ás 14 e das 16h30 ás 20h30, de luns a sábado.


Martín García Pérez “Thupten Chopel”

Martín García “Thupten Chopel”, como fotógrafo, é autor de máis de 35 exposicións en Galicia. A súa última mostra fotográfica, A cadeliña Nani, de abandonada a adoptada, está aberta ao público desde o mes de setembro no Club Peña Trevinca de Vigo.


Cultura Tibetana

A exposición Cultura tibetana está formada por fotografías tomadas por Martín García na India, en enclaves onde a cultura do Tíbet está perfectamente preservada. Entre os espazos fotografados, encóntrase Val de Spity, unha área xeográfica situada a máis de 4000 m de altitude que pertenceu ó Tíbet. Ese territorio foi anexionada por Inglaterra a India hai máis de 100 años.

Ademais dunha finalidade de divulgación do estado actual da cultura tibetana, a exposición pretende servir como apoio a unha cultura e a unha xentes que atravesan intres extremadamente difíciles, especialmente no territorio tibetano que na actualidade está rexido polo estado chinés.

A exposición fotográfica compleméntase con reproducións de pinturas de Tara Verde e Chenreszig, deidades do panteón budista tibetano, obras de autores tibetanos anónimos enmarcadas a gran formato; e unha foto, tamén a gran formato, da SS o XlV Dalai Lama, Tenzin Gyatso, líder espiritual e civil do Tíbet. A exposición está ambientada con bandeiras de oración tibetanas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario