O ciclo Ver, ler; falar e amizar pretende servir como reflexión, a través de diversos coloquios, sobre a lingua, a literatura e a muller na fronteira galego-portuguesa. O ciclo está organizado polo Concello de Verín e a Eurocidade Chaves-Verín, e conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Lugar: Casa da Cultura
Días: 27 e 28 de Outubro
Hora: 19h.
Mulleres da Raia, de Diana Gonçalves e Miguel Barbosa, exhibirase o mércores día 27. Diana Gonçalves virá a Verín para animar un coloquio sobre sobre a situación da muller, coa fronteira e na actualidade, nas comarcas limítrofes galego-portuguesas. Colaboran no coloquio sobre a muller a Federación de Mulleres Rurais (FEMURO), a Asociación de Muller e Consumo “Airiños da Terra”, o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Verín, a Oficina de Atención ao Inmigrante do Concello de Verín e a Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil.
Ler, ler; falar e amizar clausurarase cun coloquio dedicado á obra Arraianos, que servirá para reflectir sobre raia e Literatura. Xosé Luis Méndez Ferrín, que estaba previsto que participase, por un cambio na axenda de actividades da Real Academia Galega, da que é presidente, non poderá participar no coloquio. A Ferrín substituirao Anxo Angueira, profesor na Universidade de Vigo, que está considerado como a persoa máis solvente en Galicia para falar sobre a literatura de Ferrín. Á novela Bretaña, Esmeraldina, de Xosé Luís Méndez Ferrín, dedicoulle Anxo Angueira a súa tese de doutoramento. No coloquio sobre raia e Literatura colaboran os IES Xesús Taboada Chivite e García Barbón e o Clube de Lectura da Biblioteca Pública Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario