HORA x HORA

HORA x HORA

lunes, 27 de diciembre de 2010

XOVES, 30-DECEMBRO-2010


CAIXAS DE NADAL

Ao chegar a tempada de Nadal a idea de regalar e compartir regalos vólvese cada vez máis forte. Unha das primeiras decisións a tomar, é seleccionar o regalo ideal ou orixinal; a segunda é determinar como se envolverá.

Envolver regalos é unha manualidade do Nadal simple e barata, que pode facer que calquera presente se converta en espectacular.

A socia nº 40 do Banco do Tempo ensinaranos a forrar caixas con papel de regalo e a elaborar caixiñas con cartolinas.


Lugar de encontro: Casa da Xuventude
Día: Xoves, 30-Decembro-2010
Hora: 17h.
Material que hai que traer: Unha caixa, por exemplo de zapatos.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

MÉRCORES, 22 DE DECEMBRO VISITA CASA DO ESCUDO


Exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’

Visita guiada por un monitor que nos explicará as características das coleccións de filatelia que se exhiben e os pormenores dos beléns e da artesanía que se mostra.

Lugar de encontro: Casa da Xuventude
Día: Mércores, 22 de Decembro
Hora: 16,30h.

Exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’

A Casa do Escudo de Verín acolle entre os días 13 de decembro e 8 de xaneiro a exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’.

A exposición está promovida polo Concello de Verín, coa colaboración da Delegación Diocesana de Misións de Ourense e a Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica “Miño” de Ourense, Museo Munipal de Ourense, Museo Arqueolóxico de Ourense e Liceo Recreo Ourensán.

Beléns do Mundo
No apartado Beléns do Mundo, a mostra exhibe 35 misterios de Nadal con máis dun centenar de figuras exentas en pequenas dimensións, procedentes de Madagascar, Camerún, Brasil, Ecuador, Perú, Colombia, México, Venezuela ou Portugal, entre outros países. Os beléns que se presentan teñen entre 1 e 12 pezas, nalgúns casos son miniaturas, e están feitos de materiais vexetais (madeira de ébano, “naranjillo”, tagua [“marfil vexetal”]; cana, folla de millo ou cabaza), animais (oso) ou minerais (arxila, pedra, alabastro, barro, etc).

Esta parte da exposición compleméntase con máis dunha trintena de pezas de artesanía (telas, tapices, batíks...) que proceden de Latinoamérica e África. Tamén se exhiben algúns instrumentos de percusión africanos. Aos misioneiros da comarca de Verín están dedicados unha serie de paneis informativos sobre o lugar de nacemento de cada misioneiro, a súa localización actual, a orde á que pertencen, fotos, cartas ou entrevistas.

A maioría do material que se expón pertence á Delegación Diocesana de Misións de Ourense.

Filatelia Natalicia
A parte filatélica da exposición está montada sobre 8 paneis acristalados de 2 x 1 metro, dedicados integramente á temática natalicia no mundo. Os paneis presentan centenares de selos dos cinco continentes, series completas e información adicional sobre o interese artístico, histórico, social ou xeográfico de cada un dos timbres expostos. Destaca neses paneis as diferentes formas nas que as diversas culturas do planeta interpretan o misterio de Nadal.

Os selos que se mostran en Filatelia Natalicia son propiedade de socios da Sociedad Filatélica, Numismática y Vitolfílica “Miño”, responsable deste apartado da exposición.

Colecta
Na exposición Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia faise unha colecta para as misións das Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Maputo (Mozambique) e Bucaramanga (Colombia).

martes, 14 de diciembre de 2010

¡¡¡SESIÓN DE RELAJACIÓN!!!


Los socios/as que quieran participar en una sesión de relajación, quedaremos en la Casa da Xuventude, el jueves, día 16 de Diciembre a las 16,30h.

La actividad será impartida por una socia del Banco do Tempo, en el Pavillón dos Deportes, de 17 a 18h.

Traer una almohada y una toalla.

Ahora, aflojemos nuestros músculos, observemos nuestra respiración espontánea, tratando de no engancharnos a los pensamientos y emociones que surjan en nuestra mente, dejándolos pasar como si fuesen nubes llevadas por el viento”

Así podría iniciarse un ejerciciode relajación...

CLASES DE DANZA DEL VIENTRE



Pavillón dos Deportes Verín
Horarios:
20,15h.- 21,30h.
21,30h.- 22,45h.
Clases de iniciación para adultos.
Interesados ponerse en contacto con Iris, teléfono: 689.310.894

CENA DE NAVIDAD


Los socios/as del Banco do Tempo de Verín celebraremos una cena navideña el jueves, día 16 de Diciembre, a las 21,30h. en el Restaurante Brasil.

MENÚ:

Salpicón de marisco

Zamburiñas en su concha

2º plato a elegir entre pescado o carne.
  • Pescado:
Merluza a la cazuela
Lenguado a la plancha
Rodavallo al horno
  • Carne:
Cabrito
Chuletón
Entrecot

Postre

Pan y vino D.O.M.

Precio: 22e

viernes, 3 de diciembre de 2010

INVENTARIO DO PATRIMONIO EN TORNO ÓS RÍOS

Dende o 9 ata o 17 de decembro o CDR Portas Abertas, no marco do programa de voluntariado en ríos "Remóllate polo río", fará un inventario do patrimonio histórico-cultural que hai entorno ós riós Fornos, Arzóa e regueiro da Fraga.
Convidamos a participar a todo aquel/a que esté interesado/a na actividade. Teléfono 988417232.
- O xoves día 9 de decembro visitaremos o muíño da Muimenta, acompañados da súa dona Remedios Valle.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

REUNIÓN SOCIOS/AS, XOVES 2-12-2010

Por motivo do estado do tempo, a festa do Magosto, celebrarémola na Casa da Xuventude, o xoves día 2 de Decembro, ás 17 h., na aula n.º 23 do segundo andar.

Prognóstico do tempo para o día 2 de Decembro

Xoves, 02 de decembro

Ceos anubrados con chuvascos durante todo o día que por riba dos 300 serán en forma de neve. Temperaturas en lixeiro descenso. Vento frouxo e variable durante toda a xornada.
MINMAX
-1°