HORA x HORA

HORA x HORA

miércoles, 24 de febrero de 2010

BANCO DO TEMPO VERIN

O Banco do Tempo de Verín edita un boletín informativo mensual PDF Imprimir Enviar

O Banco do Tempo de Verín, a través da colaboración dos seus socios e socias, promove a edición dun boletín informativo de carácter mensual.

Devandito boletín está realizado polos 33 socios/as integrantes deste servizo, promovido desde o Concello de Verín, a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), e recolle artigos de opinión, receitas, trucos de beleza ou experiencias de intercambios entre os membros, entre outras cuestións

Por outra banda, nos últimos meses realizáronse obradoiros creativos -carteiras de cómic, cadros tridimensionais ou broches de tela- e saídas culturais. Todas estas actividades teñen como finalidade a dinamización das persoas integrantes do grupo, xa que son elas as que propoñen e desenvolven estas actividades, creando así unha cohesión grupal que servirá para animar a xente a participar neste servizo.


O Banco do Tempo é un sistema de participación social pola cal os/as usuarios/as ofertan e demandan servizos nos que a unidade de intercambio é a hora. Unha persoa deposita unhas horas de tempo ofertando un servizo que desexe dar e, a cambio, pode solicitar tempo doutras persoas para resolver necesidades e actividades da vida diaria. Para participar nesta iniciativa, aberta a todas as persoas maiores de 18 anos e empadroadas no concello de Verín e zonas limítrofes, é necesario facerse socio/a. Os/as socios/as recibirán unha lista actualizada con todas as actividades e servizos que ofertan as persoas que forman parte do banco; e a través da mediación da Axente do Tempo, realizaranse os intercambios. A inscrición para formar parte deste proxecto, o segundo da provincia tras Ourense, debe realizarse na oficina do Banco do Tempo do Concello de Verín (Tlf. 988-414776, Fax. 988-411900, e bancodotempo@verin.net Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ), aportando unha fotografía e un documento válido de identificación (DNI, NIE, Pasaporte o Carné de Conducir).

No hay comentarios:

Publicar un comentario