TEMPO DE SOLIDARIEDADE
Neste mundo sumido no semicaos pola hipocresía humana e polos castigos da Terra enfadada, atopo ao meu carón un anaco de cordura e racionalidade.
Atopo un espazo onde non hai presas, hai conversas, onde non hai compra-venda, hai intercambios, onde non hai etiquetas,hai integración, onde non hai cartos, hai solidariedade.
A vila de Verín tiña sona de ser asentamento de familias de "gran" apelido coas que era difícil integrarse, e ao mesmo tempo lugar de paso por ser zona fronteiriza.
Hoxe esta realidade mudou, o Banco do Tempo permite achegar á xente de todas as partes, atopar persoas con sabeduría e experiencia persoal e profesional, mostras de todo o mundo sen saír de Verín, isto é o maior beneficio que se pode sacar de invertir tempo neste Banco.
O Concello de Verín apostou por unha experiencia de intercambio de solidariedade, pero o éxito fano as persoas que se achegan, e sobre todo as profesionais "axentes do tempo" que cren firmemente que fronte a crise financieira e de valores hai un Banco que sempre da intereses, o Banco do Tempo.
Que siga por moito tempo facendo fusións entre xente, e que non quebre pois entón entraría en banca rota a SOLIDARIEDADE.
Socia:28
No hay comentarios:
Publicar un comentario