HORA x HORA

HORA x HORA

martes, 18 de enero de 2011

¡¡¡BAILOTERAPIA!!!


Os socios/as que queiran participar nunha sesión de bailoterapia, quedaremos no Pavillón dos Deportes, o xoves, día 20 de Xaneiro, ás 17,00h.

A actividade será impartida por unha socia do Banco do Tempo, no Pavillón dos Deportes, de 17 a 18h.


Esta é un novo xeito de chegar ao benestar e encontrar de novo o equilibrio por medio da danza.


Bailoterapia practícase en forma de cursos de grupo. É unha mestura de ximnasia aeróbica e de pasos de danzas latino-americanas como a salsa, o merengue, o cha-cha-cha, o mambo etc. Excelente terapia anti-estrés, ademais de mellorar o estado físico e certas posturas. Moi bo para a autoestima e para vencer a timidez.

É un bo método para mellorar a musculatura das pernas e aumentar as capacidades cardio-respiratorias dun xeito progresivo.


Recomendacións:

- Ante todo, relaxarse e dispoñerse a gozar da música.

- Usar roupa cómoda e flexible.



No hay comentarios:

Publicar un comentario