HORA x HORA

HORA x HORA

miércoles, 19 de enero de 2011

SÁBADO, 22 DE XANEIRO: "DANZA ORIENTAL"

O Banco do Tempo do Concello de Verín, en colaboración co Pavillón dos Deportes, organiza o sábado día 22 de Xaneiro, unha representación de "Danza Oriental", na que participarán as alumnas de Danza Oriental de Verín (nenas de 4 a 10 anos), de Chaves e Xinzo de Limia (adultas) da profesora Iris Neves.

Presentaranse 4 actuacións distintas con cada grupo referido arriba.

A actuación será no Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 19h. Só poderán asistir os socios do Banco do Tempo e as persoas que teñan convites (dúas entradas por alumna que participe no baile).

Danza Oriental
A danza oriental é unha das formas de danza máis antiga, caracterízase polos seus mov
ementos suaves e fluídos, disociando e coordinando á vez as diferentes partes do corpo. A atención céntrase principalmente na cadeira e o ventre, alternando movementos rápidos e lentos e resáltase nos músculos abdominais, con movementos de peito e ombros, así como con brazos serpeantes. Os movementos ondulatorios, rotativos, que polo xeral son lentos simbolizan a tristura; en cambio cos movementos rápidos, golpes e vibracións a bailarina expresa alegría.El baile é un bo exercicio cardiovascular, axuda a mellorar tanto a flexibilidade como a forza, se adaptou como programa de exercicio ademais mellora moito a postura. É unha disciplina que non ten límite de idade nin contextura física. A danza oriental é apropiada para todas as idades e para persoas de calquera constitución, sendo o bailarín quen controla o nivel de esixencia física.

Non se perdan internarse no mundo árabe...

No hay comentarios:

Publicar un comentario