martes, 11 de enero de 2011
CASA DO ESCUDO
‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ na Casa do Escudo
A Casa do Escudo acolle, do 12 ao 29 de xaneiro de 2011, as exposicións ‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ de Carmen Burgos.
A primeira delas, que leva o nome de ‘Misturas’ de Karma Gösbur -o seudónimo da autora- recolle unha trintena de obras en pintura, escultura e cerámica que amosan unha retrospectiva da labor artística desta autora, na súa primeira mostra en solitario. Mentres que a segunda, ‘Bolboretas, avelaíñas e outros insectos do Val de Monterrei’, está conformada por dous centenares de bolboretas diúrnas, avelaíñas -bolboretas nocturnas- e insectos recollidas na comarca de Monterrei. Neste caso trátase dunha exposición privada de entomoloxía da artista na que tamén se inclúen cadros de flores secas para complementar a mesma.
María del Carmen Burgos é profesora de Filosofía no IES Xesús Taboada Chivite, foi alumna na especialidade de Cerámica na Escola de Artes e Oficios de Verín e formou parte do grupo Artimaña, no que tamén se atopaban Antonio Santamaría, Xosé Rivada, Celso Gómez ou Manuela Sánchez, entre outros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario