Exposición ‘Elemental Querida Salander’
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, organiza a exposición: ‘Elemental Querida Salander’. ‘A novela negra sueca dende Maj Sjöwall e Per Walhöö a Stieg Larsson e Henning Mankell’, desde o 12 ao 31 de xaneiro.
Devandita exposición, que se inaugurará o mércores 12 de xaneiro, ás 19 horas, complementa a reunión do Club de Lectura, realizada ese mesmo día e que, ademais de iniciar os encontros do 2011, levará a debate a novela negra sueca. Está conformada por distintos plotters coas portadas das obras máis significativas, biografías do/as autores/as máis puxantes, información xenérica de Suecia e un percorrido polos lugares onde se desenvolven todas as tramas.
A mesma conta con material diverso, cedido pola propia Embaixada de Suecia, que formou parte da caseta da Feira do Libro de Madrid no ano 2009, e estivo adicada a Literatura Escandinava. Así mesmo, tamén colaboraron as distintas editoriais nacionais que editan estas obras no noso país, como Maeva ou Tusquets, o escritor Martínez Lainez, cun artigo do porque do éxito en España, ou a propia escritora sueca Camilla Lackberg -autora de Hijas del Frío ou Crimen en Directo-, que dun xeito excepcional respondeu en total primicia a unha serie de preguntas realizadas por persoal da instalación municipal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario