HORA x HORA

HORA x HORA

lunes, 3 de octubre de 2011

Reunión Socio/as:

Día: xoves, 6 de outubro do 2011, as 16:30 horas.

Lugar: Casa da Xuventude. Aula nº 22 Segundo Andar.

Motivo: Retomar o contacto cos socios/as

Decidir a axenda de actividades.

jueves, 15 de septiembre de 2011

Clases de Solfeo e Saxofón


Dende o Banco do tempo informásevos que unha socia do banco do tempo ofrece un novo intercambio, que consiste en impartir clases tanto de solfeo coma de saxofón, se algún/ha socio/a está interesado en recibir está clases musicais, póñanse en contacto co banco do tempo para que poidamos xestionar o intercambio.

viernes, 1 de julio de 2011

Relaxación

Dende o Banco do Tempo retómanse as sesións de relaxación que xa nas edicións anteriores viñan sendo impartidas por unha socia do mesmo.
Dia: Venres.
Hora: 17:00- 18:00
Lugar: Pavillón dos Deportes

martes, 28 de junio de 2011

Ioga

¿Queres practicar ioga? Unha socia do Banco do Tempo impartirá as clases.
Día: Xoves
Hora: 17.00 - 18.00
Lugar: Pavillón dos Deportes

Recoméndase traer roupa cómoda.

lunes, 27 de junio de 2011

Novos Servicios no Banco do Tempo

Os novos servizos que se ofrecen dende o banco do tempo son:

  • Deseño de xardíns. Se tes un xardín e queres que te axuden co deseño do mesmo una socia do banco do tempo pode axudarche.
  • Iniciación o golf. Se queres pasar o teu tempo libre aprendendo a facer un deporte adecuado para a tódalas idades, o golf pode ser unha boa opción.
  • Remedios Naturais. Unha socia do banco do tempo ofrecese para ensinar remedios naturais como un complemento a menciña tradicional.

lunes, 21 de marzo de 2011

SEVILLANAS Y CHI KUNG

Día: martes, día 22 de Marzo
Hora: 16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

FRIVOLITÉ

¿Quieres aprender frivolité? Una socia del Banco do Tempo nos está enseñando.

Día: 21 de marzo
Hora: 11h.
Lugar: Casa da Xuventude
Traer:
1 Lanzadera
1 Ganchillo fino
Hilo. Se recomienda el uso de hilos resistentes. Números recomendados, entre el 5 y el 40.

El frivolité es una variedad muy curiosa de encaje o pasamanería. En España, también se llama encaje a la lanzadera.
Consiste en montar una sucesión de nudos y baguillas sobre un único hilo con ayuda de una o dos lanzaderas.

FRIVOLITÉ

¿Quieres aprender frivolité? Una socia del Banco do Tempo nos está enseñando.

Día: 18 de marzo
Hora: 11h.
Lugar: Casa da Xuventude
Traer:
1 Lanzadera
1 Ganchillo fino
Hilo. Se recomienda el uso de hilos resistentes. Números recomendados, entre el 5 y el 40.

El frivolité es una variedad muy curiosa de encaje o pasamanería. En España, también se llama encaje a la lanzadera.
Consiste en montar una sucesión de nudos y baguillas sobre un único hilo con ayuda de una o dos lanzaderas.

miércoles, 2 de marzo de 2011

FRIVOLITÉ

¿Quieres aprender frivolité? Una socia del Banco do Tempo nos va a enseñar.

Día: 16 de marzo
Hora: 11h.
Lugar: Casa da Xuventude
Traer:
1 Lanzadera
1 Ganchillo fino
Hilo. Se recomienda el uso de hilos resistentes. Números recomendados, entre el 5 y el 40.

El frivolité es una variedad muy curiosa de encaje o pasamanería. En España, también se llama encaje a la lanzadera.
Consiste en montar una sucesión de nudos y baguillas sobre un único hilo con ayuda de una o dos lanzaderas.

lunes, 28 de febrero de 2011

DANZA ORIENTAL

Os socios/as que queiran participar nunha sesión de "Danza Oriental", quedaremos no Pavillón dos Deportes, o xoves, día 17 de marzo, ás 17,00h.

A actividade será impartida pola profesora Iris Neves, de 17 a 18h.

A danza oriental é unha das formas de danza máis antiga, caracterízase polos seus movementos suaves e fluídos, disociando e coordinando á vez as diferentes partes do corpo. A atención céntrase principalmente na cadeira e o ventre, alternando movementos rápidos e lentos e resáltase nos músculos abdominais, con movementos de peito e ombros, así como con brazos serpeantes.

SEVILLANAS Y CHI KUNG

Día: martes, día 15 de Marzo
Hora: 16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

miércoles, 23 de febrero de 2011

CARNAVAL CHAVES


Concentración en el Centro Cultural de Chaves
Tema: libre



SEVILLANAS Y CHI KUNG

Día: martes, día 1 de Marzo
Hora: 16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

martes, 22 de febrero de 2011

ENTROIDO DE VERÍN 2011


Dende o 24 de febreiro ao 13 de marzo, a localidade de Verín acollerá a celebración dun dos Entroidos máis participativos, ancestrais e orixinais de Galicia, declarado Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2009.

Programa

• XOVES DE COMPADRES (24 de febreiro)
• DOMINGO DE CORREDOIRO (27 de febreiro)
• DESFILE DE NENOS E NENAS (3 de marzo)
• XOVES DE COMADRES (3 de marzo)
• VENRES DE COMPADREO E COMADREO (4 de marzo)
• SÁBADO DE ENTROIDO (5 de marzo)
• DOMINGO DE ENTROIDO (6 de marzo)
• LUNS FARELEIRO (7 de marzo)
• MARTES DE ENTROIDO (8 de marzo)
• DOMINGO DE PIÑATA (13 de marzo)

lunes, 21 de febrero de 2011

SEVILLANAS Y CHI KUNG

Día: martes, día 22 de Febrero
Hora: 16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

miércoles, 16 de febrero de 2011

DANZA ORIENTAL

Os socios/as que queiran participar nunha sesión de "Danza Oriental", quedaremos no Pavillón dos Deportes, o xoves, día 24 de Febreiro, ás 17,00h.

A actividade será impartida pola profesora Iris Neves, de 17 a 18h.

A danza oriental é unha das formas de danza máis antiga, caracterízase polos seus movementos suaves e fluídos, disociando e coordinando á vez as diferentes partes do corpo. A atención céntrase principalmente na cadeira e o ventre, alternando movementos rápidos e lentos e resáltase nos músculos abdominais, con movementos de peito e ombros, así como con brazos serpeantes.

lunes, 14 de febrero de 2011

CONFERENCIA: MIÉRCOLES, 16 DE FEBRERO

Conferencia:
"FIBROMIALGIA: VIVIR CON DOLOR"
Ponente: Marta Luisa Lazcano Larkin (Psicóloga)
Organiza: Asociación de Fibromialgia e Fatiga Crónica de Ourense.
Colabora: Concello de Verín.

Lugar: Salón de Actos da Casa da Xuventude.
Día: Miércoles, 16 de Febrero
Hora: 17h.

SEVILLANAS Y CHI KUNG

Día: martes, día 15 de Febrero
Hora: 16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

viernes, 11 de febrero de 2011

VISITA CULTURAL Á CIDADE DE CHAVES


O día 3 de Xaneiro , membros do Banco do Tempo de Verín fixemos unha visita cultural a nosa veciña cidade de Chaves. A visita xurdiu dunha iniciativa deste Banco co obxectivo de estreitar lazos entre ambalasdúas cidades fronterizas. Esta proposta foi moi ben acollida polos representantes do Centro Cultural de Chaves (membros da Cámara de Chaves) , os que moi amablemente programaron a visita.

Xa centrándonos no evento, o punto de partida foi o edificio onde esta situado a Divisâo de Educaçâo e Desporto, antigo edificio de Ferrocarril, sendo recibidos por tres técnicas da Cámara (Tânia Oliveira, Vera Moura e Cláudia Araújo - Técnicas Superiores) que foron as encargadas de cumprir e dirixir o programa fixado.

Na primeira toma de contacto entre ambas partes, o noso Banco estivo representado pola Concelleira da Área de Cultura e Igualdade do Concello de Verín, Mª Corona Meixeira Romasanta, e pola coordinadora do Banco do Tempo, Sara Soto.

Como era de supoñer, en concordancia co lugar, a primeira visita foi o museo do Ferrocarril.O devandito museo está situado xunto o edificio da antiga estación de trens, como significamos antes, utilizado na actualidade como Centro Cultural.Sobre as vellas vías férreas e no interior dunha antiga "cochera" expóñense varias máquinas de tren, vagóns e locomotoras de principios do século XX, e outro material histórico vencellado co ferrocarril.

Logo veu a oficina de Información e Turismo. Encóntrase case ao lado do Forte São Francisco, á entrada do casco histórico peonil, aínda que non se ve moi ben por estar nunha pequena construción baixo o Jardim do Bacalhau. Nesta oficina recollemos un plano da cidade.

O Forte São Francisco atópase na parte alta da cidade preto do Casco histórico. Xunto co Castelo e o Forte de São Neutel constitúe un dos fortes construídos para defender o territorio, entre outros inimigos, das tropas españolas e francesas. Foi edificado no século XVII por orde do rei portugués João IV, ao estilo Vaubán, con grandes muros de cadeirado de granito de grande altura (entre 4 e 20 metros) e espesor. Ten planta cadrada, con esquinas en forma de estrela nas que se sitúan os catro baluartes, e rodeado no seu perímetro de dous sistemas amurallados. O acceso realízase a través dunha ponte levadiza construída sobre un foso, e xusto á entrada hai un monumento dedicado ao Xeneral Francisco de Silveira. Pode visitarse por dentro, xa que tras unha época de abandono, o forte foi rehabilitado e acondicionado para albergar un hotel de 4 estrelas, manténdose tamén a Capela de Nossa Senhora do Rossario (onde se celebran vodas), que pertencía ao antigo convento franciscano que antigamente houbo neste lugar. É curioso porque houbo unha época en que conviviron aquí o persoal militar cos monxes franciscanos.
Está declarado Monumento N
acional dende 1938.

Praça de Camôes. Esta praza encóntrase na zona alta da cidade e constitúe o epicentro do casco histórico, xa que é onde se encontran os edificios máis emblemáticos de Chaves: O Concello ou Cámara Municipal, a Capela de Loreto, o Pazo dos Duques de Braganza (actual Museo da Regiâo Flaviense), a Igrexa Matriz e a Igrexa da Misericordia.
É unha praza d
e planta rectangular, con pavimento empedrado, e rodeado de edificios cunha arquitectura típica, casiñas de dous ou tres alturas con amplos balcóns e galerías acritalar. Nun dos extremos da praza, fronte ao edificio consistorial eríxese o Monumento a D. Alfonso I, duque de Bragança.

Xusto pola parte posterior encóntrase a Torre da Homenaxe, que é o único que se conserva do Castelo de Chaves.

Igrexa Matriz. Dise que é a igrexa máis antiga da cidade, xa que foi construída no século XII sobre os restos dunha pequena ermida, aínda que reconstruída no século XVI. Está declarada Monumento Nacional. Mestura elementos románicos e renacentistas.

Igrexa da Misericordia. Foi construído en estilo puramente barroco no século XVII, con fachada de granito, á que se accede mediante unha escalinata. A portada está precedida dun pórtico formado por arcos de medio punto sustentados por oito columnas salomónicas.

O Castelo de Chaves encóntrase na zona máis alta da cidade, xunto á Praça de Camões, en pleno centro histórico e peonil de Chaves. Dende aquí hai unhas excelentes vistas de toda a cidade. Está rodeado de murallas e duns preciosos xardíns, nos que se exhiben restos da fortificación como escudos ou fragmentos de columnas ou muros. Foi mandado construír polo rei portugués Dinis no século XIV, e está clasificado como Monumento Nacional.
Na actualidade só se cons
erva a torre da homenaxe, de planta cuadrangular e rematada por ameas que mide uns 28 metros de altura (catro alturas). No seu interior encóntrase o Museo Militar, no que se exhiben traxes militares, uniformes, armaduras, bandeiras, armas... Dende a idade media á actualidade. Tamén hai un apartado dedicado a documentos militares, nos que se explican as técnicas de defensa da cidade contra os ataques dos españois.

A seguinte visita foi as Termas. As Termas de Chaves encóntranse a beiras do río Támega e son o principal reclamo turístico da cidade. En torno a elas aglutínase todo un conxunto de ocio e benestar: xardíns, unha área recreativa, zonas de paseo, o club de tenis, hoteis, restaurantes, pubs, as piscinas municipais cubertas...

E salientable o feito de que as augas sexan usadas non soamente para tratamentos terapéuticos o corporales, senón tamén para beber. No exterior do edificio hai unha praza con xardíns con bancos para sentarse, restos dunha ponte romana, a chamada "Buvette", un edificio con xardíns atendido por persoal das termas que ofrecen a auga do manancial para beber, e a "fonte do pobo", onde se pode ir cun vaso e servirse un mesmo, xa que está aberta sempre.

Os romanos xa facían uso dos beneficios das augas termais de Chaves con fins mineromedicinales e para o tratamento de enfermidades, polo que bautizaron á cidade co nome de "Aquae Flaviae". Estas augas, segundo os expertos, teñen unha composición única na Península Ibérica, denominándose "hipertermais (xermolan a 73º C), bicarbonatadas sódicas, meso-mineralizadas e gaseo-carbónicas", e están indicadas para doenzas do aparato dixestivo, reumáticas, musculares e esqueléticas.

As termas de Chaves foron galardoadas co premio á Melhor Unidade Termal do ano 2002, premio que segue ostentando en seis anos consecutivos. Fronte ao balneario hai un monumento dedicado a Mario Gonçalves Carneiro, médico e director das termas, que dedicou a súa vida a elas.

A cidade de Chaves é a capital da rexión do Alto Támega e está bañada polo devandito río. Hai varias pontes que o cruzan.

Ponte Romana de Trajano. Chaves foi ocupada xa dende a época romana, e esta ponte é un dos vestixios que aínda se conservan daquela florecente época. Foi construído no século I en cachotaría sobre o río Támega, unindo o casco histórico da cidade co barrio de La Madalena.
É integramente peonil, mide uns 150 metros de lonxitude e está formado por 16 arcos reforzados por contrafortes. A metade do percorrido levántanse a un e outro lado da ponte, dúas columnas de pedra labradas cunhas inscricións que fan referencia aos emperadores romanos Trajano e Vespasiano.

Hai outra ponte de construción moderna. Trátase dunha ponte tensada, metálica de cor branca, situada en torno á zona máis lúdica da cidade. É unha ponte exclusivamente peonil que une os xardíns da Alameda do Tabolao coa área recreativa da Madalena.

Finalizado o percorrido cultural, os membros do Banco deleitámonos nunha céntrica cafetería , coas excelencias dos doces e do café flaviense. Este establecemento vangardista é unha mostra viva do equilibro acadado pola nosa veciña cidade, que soubo integrar o seu pasado remoto co presente, creando bases firmes para a súa proxección futura.

Despois da longa e instrutiva xornada, fomos invitados pola asociación Chaves Viva a unha cena. Dita asociación pretende promover o ensino, o desenvolvemento, a valorización e a promoción da cultura, estando representada por António Ramos (Director de Departamento Sociocultural) .Houbo unha opinión unánime entre os degustantes de que tales delicias gastronómicas son únicas no noso entorno, coa promesa de retornar pronto a seguir disfruitándoas.

Falar de Chaves é falar de música. A través da asociación Chaves Viva , organízanse no Auditorio, concertos musicais semanalmente, coa participación de importantes artistas portugueses, e incluso de procedencia galega. Neste caso, a visita cultural programada polas técnicas da Cámara, incluía a asistencia ao Concerto de Fados, interpretado pola fadista Joana Costa, un dos novos valores deste xénero musical no país veciño.

Os membros do Banco do Tempo disfrutamos deste concerto acompañados de Antonio Ramos, así como, de Tânia Oliveira, Vera Moura e Cláudia Araújo, que a pesar dos seus compromisos profesionales do día seguinte, seguiron con nos ata unha ben avanzada hora da noite.

Como remate queremos expresar o noso agradecemento a Cámara de Chaves, a Asociación Chaves Viva, o Director do Departamento Sociocultural, Antonio Ramos, a Tânia Oliveira (Técnica Superior do devandito Departamento), a Vera Moura (Técnica Superior) e a Cláudia Araújo (Técnica Superior) pola súa dedicación e amabilidade amosada,... polo trato que nos dispensaron máis alá da súa condición profesional.

Agradecemos tamén ao Concello de Verín, na figura da Concelleira Mª Corona Meixeira Romasanta, o seu apoio a esta iniciativa, así como a súa presenza en Chaves no inicio na mesma. Da mesma maneira, á coordinadora do Banco do Tempo de Verín, Sara Soto, polo seu traballo e esforzo para que funcione o noso BDT, ao socio Celso González, pola súa colaboración en que este evento saíse adiante e a todos os membros do BDT que asistiron a esta saída cultural.


Socios/as Banco do Tempo de Verín




martes, 8 de febrero de 2011

VISITA Á CASA DO ESCUDO

A Casa do Escudo de Verín acolle a exposición ‘Verín, o val primeiro’, de Isauro González Pereira.
A mostra recolle vintecatro óleos, debuxos e acrílicos cunha temática intimista e forte presencia da imaxe feminina, entre as que se atopan títulos como “Don Isauro e os seus alumnos” ou “Buscando a Martina”.

Isauro González Pereira (A Peroxa) iniciou a súa traxectoria profesional, como mestre, no municipio de Oímbra e desde hai 25 anos adícase ao mundo da pintura.

Sairemos da Casa da Xuventude ás 16:30 con dirección á Casa do Escudo para visitar a exposición e continuaremos dirección a praia fluvial de Pazos polo sendeiro do río Támega.

Día: 10-2-2011
Hora:16.30h.
Lugar: Casa da Xuventude

PASEO POLO RÍO TÁMEGA ATA A PRAIA FLUVIAL


Día: 10-2-2011
Hora: 16.30h
Lugar: Casa da Xuventude

O río Támega nace na Alberguería, preto de Prado. A vexetación que predomina son as árbores e os cultivos. Desemboca no río Douro, na localidade portuguesa de Amarante. O seu afluente principal é o río Bubal, que parte da súa marxe dereita. O seu nome provén dos Tamaganos, un antigo asentamento celta.

Atravesa a cidade de Verín de norte a sur, separando da zona urbana o barrio de San Lázaro, ao que se accede a través dunha ponte de pedra.

A praia fluvial está situada en Pazos, a uns 2 Km do centro urbano de Verín.


CHI KUNG (GIMNASIA ENERGÉTICA)



Una vez finalizada las clases de sevillanas, una socia nos enseñará movimientos del Chi Kung, que nos ayudarán a relajarnos.

El Chi Kung es un sistema de desarrollo personal para mejorar la salud. Combina movimientos suaves del cuerpo con relajación y respiración.

SEVILLANAS



Para todos aquellos que quieran aprender cómo bailar sevillanas, esta es la oportunidad. Una socia del Banco doTempo nos ha propuesto enseñarnos.

Día: martes, día 8 de Febrero
Hora: 16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

Las sevillanas es un baile de origen español profundamente enraizado en la cultura popular andaluza. La música tiene tres tiempos y es rítmica y alegre. El baile está dividido en 4 partes bien diferenciadas, que representan distintas fases del galanteo del hombre a la mujer y acaban con un desplante de la pareja.

lunes, 31 de enero de 2011

SALIDA CULTURAL A CHAVES, EL JUEVES DÍA 3 DE FEBRERO


Saldremos de la Casa da Xuventude, a las 15h, dirección a la ciudad portuguesa de Chaves.

  • Visita guiada por técnicos de la Cámara de Chaves, para conocer sus principales puntos de interés.
  • Cena
  • Concierto:En´Fado Joana Costa, en el Auditório do Centro Cultural de Chaves, a las 21.30h. Org. Ass. Chaves Viva/Município de Chaves.
Confirmar asistencia.

NOTICIA DEL BANCO DO TEMPO DE VERÍN



"La Voz de Galicia" del día 22 de Enero.
Temas del país







CHI KUNG (GIMNASIA ENERGÉTICA)


Una vez finalizada las clases de sevillanas, una socia nos enseñará movimientos del Chi Kung, que nos ayudarán a relajarnos.

El Chi Kung es un sistema de desarrollo personal para mejorar la salud. Combina movimientos suaves del cuerpo con relajación y respiración.

SEVILLANAS


Para todos aquellos que quieran aprender cómo bailar sevillanas, esta es la oportunidad. Una socia del Banco doTempo nos ha propuesto enseñarnos.

Día: martes, día 1 de Febrero
Hora: 16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

Las sevillanas es un baile de origen español profundamente enraizado en la cultura popular andaluza. La música tiene tres tiempos y es rítmica y alegre. El baile está dividido en 4 partes bien diferenciadas, que representan distintas fases del galanteo del hombre a la mujer y acaban con un desplante de la pareja.

viernes, 28 de enero de 2011

SÁBADO, 29 DE XANEIRO

CONCERTO RECITADO POLA PAZ

Os coros e o conxunto instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín actuarán o sábado día 29 de xaneiro, ás 19 horas, na Casa da Cultura no Concerto-Recitado pola Paz organizado con motivo do Día Escolar da Paz e da Non Violencia e da Semana de Castelao.

No recitado, con textos alusivos á paz, actuarán membros do Banco do Tempo e alumnos do Conservatorio. No concerto ofreceranse cancións alusivas á paz e música popular galega. O acto prevese que comece con puntualidade e que teña unha duración de 50 minutos.

A formación para a paz é unha das finalidades do sistema educativo. Os centros pretenden que o alumnado desenvolva, entre outras, as capacidades e competencias necesarias para a participación social activa. Tamén é unha función dos centros abrirse á sociedade na que se insiren e colaborar con outros centros ou institucións. Por isto, neste acto o Conservatorio Elemental de Música de Verín comparte escenario con voluntarios do Banco do Tempo, coa finalidade de que as comunidades educativas se convertan en instrumentos para a paz.

martes, 25 de enero de 2011

CINE-FÓRUM

Día: Jueves, 27- Enero-2011
Hora: 16.30h.
Lugar: Casa da Xuventude

lunes, 24 de enero de 2011

SEVILLANAS



Para todos aquellos que quieran aprender cómo bailar sevillanas, esta es la oportunidad. Una socia del Banco doTempo nos ha propuesto enseñarnos.

Día: martes, día 25 de Enero
Hora:
16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

Las sevillanas es un baile de origen español profundamente enraizado en la cultura popular andaluza. La música tiene tres tiempos y es rítmica y alegre. El baile está dividido en 4 partes bien diferenciadas, que representan distintas fases del galanteo del hombre a la mujer y acaban con un desplante de la pareja.

miércoles, 19 de enero de 2011

SÁBADO, 22 DE XANEIRO: "DANZA ORIENTAL"

O Banco do Tempo do Concello de Verín, en colaboración co Pavillón dos Deportes, organiza o sábado día 22 de Xaneiro, unha representación de "Danza Oriental", na que participarán as alumnas de Danza Oriental de Verín (nenas de 4 a 10 anos), de Chaves e Xinzo de Limia (adultas) da profesora Iris Neves.

Presentaranse 4 actuacións distintas con cada grupo referido arriba.

A actuación será no Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 19h. Só poderán asistir os socios do Banco do Tempo e as persoas que teñan convites (dúas entradas por alumna que participe no baile).

Danza Oriental
A danza oriental é unha das formas de danza máis antiga, caracterízase polos seus mov
ementos suaves e fluídos, disociando e coordinando á vez as diferentes partes do corpo. A atención céntrase principalmente na cadeira e o ventre, alternando movementos rápidos e lentos e resáltase nos músculos abdominais, con movementos de peito e ombros, así como con brazos serpeantes. Os movementos ondulatorios, rotativos, que polo xeral son lentos simbolizan a tristura; en cambio cos movementos rápidos, golpes e vibracións a bailarina expresa alegría.El baile é un bo exercicio cardiovascular, axuda a mellorar tanto a flexibilidade como a forza, se adaptou como programa de exercicio ademais mellora moito a postura. É unha disciplina que non ten límite de idade nin contextura física. A danza oriental é apropiada para todas as idades e para persoas de calquera constitución, sendo o bailarín quen controla o nivel de esixencia física.

Non se perdan internarse no mundo árabe...

martes, 18 de enero de 2011

¡¡¡BAILOTERAPIA!!!


Os socios/as que queiran participar nunha sesión de bailoterapia, quedaremos no Pavillón dos Deportes, o xoves, día 20 de Xaneiro, ás 17,00h.

A actividade será impartida por unha socia do Banco do Tempo, no Pavillón dos Deportes, de 17 a 18h.


Esta é un novo xeito de chegar ao benestar e encontrar de novo o equilibrio por medio da danza.


Bailoterapia practícase en forma de cursos de grupo. É unha mestura de ximnasia aeróbica e de pasos de danzas latino-americanas como a salsa, o merengue, o cha-cha-cha, o mambo etc. Excelente terapia anti-estrés, ademais de mellorar o estado físico e certas posturas. Moi bo para a autoestima e para vencer a timidez.

É un bo método para mellorar a musculatura das pernas e aumentar as capacidades cardio-respiratorias dun xeito progresivo.


Recomendacións:

- Ante todo, relaxarse e dispoñerse a gozar da música.

- Usar roupa cómoda e flexible.



viernes, 14 de enero de 2011

SEVILLANAS


Para todos aquellos que quieran aprender cómo bailar sevillanas, esta es la oportunidad. Una socia del Banco doTempo nos ha propuesto enseñarnos.

Día: martes, día 18 de Enero
Hora:
16.30h.
Lugar:
Casa da Xuventude.

Traer ropa cómoda.

Las sevillanas es un baile de origen español profundamente enraizado en la cultura popular andaluza. La música tiene tres tiempos y es rítmica y alegre. El baile está dividido en 4 partes bien diferenciadas, que representan distintas fases del galanteo del hombre a la mujer y acaban con un desplante de la pareja.







martes, 11 de enero de 2011

XOVES, 13 DE XANEIRO

Ás 17 h. teremos un encontro na Casa da Xuventude para que os/as socios/as tomemos varias decisións sobre as actividades que realizamos dende o BDT.

Posteriormente iremos a ver dúas exposicións:

Exposición: ‘Elemental Querida Salander’. ‘A novela negra sueca dende Maj Sjöwall e Per Walhöö a Stieg Larsson e Henning Mankell’.

Exposición: ‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ de Carmen Burgos na Casa do Escudo.

Lugar de encontro: Casa da Xuventude
Día: Xoves, 13 de Xaneiro
Hora: 17h.

Exposición na Biblioteca Pública Municipal

Exposición ‘Elemental Querida Salander’

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, organiza a exposición: ‘Elemental Querida Salander’. ‘A novela negra sueca dende Maj Sjöwall e Per Walhöö a Stieg Larsson e Henning Mankell’, desde o 12 ao 31 de xaneiro.

Devandita exposición, que se inaugurará o mércores 12 de xaneiro, ás 19 horas, complementa a reunión do Club de Lectura, realizada ese mesmo día e que, ademais de iniciar os encontros do 2011, levará a debate a novela negra sueca. Está conformada por distintos plotters coas portadas das obras máis significativas, biografías do/as autores/as máis puxantes, información xenérica de Suecia e un percorrido polos lugares onde se desenvolven todas as tramas.

A mesma conta con material diverso, cedido pola propia Embaixada de Suecia, que formou parte da caseta da Feira do Libro de Madrid no ano 2009, e estivo adicada a Literatura Escandinava. Así mesmo, tamén colaboraron as distintas editoriais nacionais que editan estas obras no noso país, como Maeva ou Tusquets, o escritor Martínez Lainez, cun artigo do porque do éxito en España, ou a propia escritora sueca Camilla Lackberg -autora de Hijas del Frío ou Crimen en Directo-, que dun xeito excepcional respondeu en total primicia a unha serie de preguntas realizadas por persoal da instalación municipal.

CASA DO ESCUDO


‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ na Casa do Escudo

A Casa do Escudo acolle, do 12 ao 29 de xaneiro de 2011, as exposicións ‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ de Carmen Burgos.

A primeira delas, que leva o nome de ‘Misturas’ de Karma Gösbur -o seudónimo da autora- recolle unha trintena de obras en pintura, escultura e cerámica que amosan unha retrospectiva da labor artística desta autora, na súa primeira mostra en solitario. Mentres que a segunda, ‘Bolboretas, avelaíñas e outros insectos do Val de Monterrei’, está conformada por dous centenares de bolboretas diúrnas, avelaíñas -bolboretas nocturnas- e insectos recollidas na comarca de Monterrei. Neste caso trátase dunha exposición privada de entomoloxía da artista na que tamén se inclúen cadros de flores secas para complementar a mesma.

María del Carmen Burgos é profesora de Filosofía no IES Xesús Taboada Chivite, foi alumna na especialidade de Cerámica na Escola de Artes e Oficios de Verín e formou parte do grupo Artimaña, no que tamén se atopaban Antonio Santamaría, Xosé Rivada, Celso Gómez ou Manuela Sánchez, entre outros.

CERCA DE 60 PERSONAS INTERCAMBIAN SU TIEMPO


Autor: Uxía Souto
Localidad: verín/la voz.
Fecha de publicación: 11/1/2011

Hasta el mes de marzo seguirá en funcionamiento la segunda edición del Banco do Tempo de Verín. Una iniciativa desarrollada por el ente municipal y la Consellería de Traballo e Benestar en la que participan 58 socios, veintiuno más que en la edición anterior.

Clases de relajación, pilates, cine-fórum, manualidades o meriendas conjuntas son algunas de las actividades que se programan en esta iniciativa que nació con el objetivo «de ser un sistema de participación social donde los socios demandan u ofertan un servicio en los que la unidad de intercambio es la hora», asegura Sara Soto Riveiro, coordinadora del Banco do Tempo en Verín. Aunque se pueden intercambiar servicios en ayuda en el hogar, artesanía, música o reparaciones en casa los más solicitados en esta edición son «informática, conversación en inglés y gallego, frontón, tenis y manualidades como monederos o cajas de regalo», indica la coordinadora.

Además de establecer estos intercambios, una vez a la semana, los jueves de 16 a 20 horas, los socios se reúnen para realizar alguna actividad conjunta dirigida no sólo por la coordinadora sino también por un compañero. Chocolatada, cena de Navidad, andaina al castillo de Monterrei, recolección de alimentos para dárselo a los más necesitados, visitas a exposiciones o clases de relajación han sido algunas de ellas, «la mayoría de los usuarios son mujeres, mayores de 40 años, y procedentes de diversos países como Colombia, Dinamarca, Brasil, Portugal o Argelia, además de las españolas», asegura Soto Riveiro.

Para participar en esta iniciativa, de la que mensualmente se edita un boletín informativo elaborado por los socios -que incluye artículos de opinión, recetas, trucos de belleza o experiencias de intercambios, entre otras cuestiones-, es necesario tener más de 18 años y estar empadronado en el municipio de Verín o zonas limítrofes, así como aportar una fotografía y un documento válido de identificación, como DNI, Pasaporte o Carné de Conducir, y presentarlo en la oficina del Banco do Tempo, situada en la Casa da Xuventude de Verín.

miércoles, 5 de enero de 2011

CATÁLOGO DE RECURSOS:SERVIZOS A INTERCAMBIAR NO BANCO DO TEMPO DO CONCELLO DE VERÍN

SERVIZOS:

1 Realización de tarefas relacionadas co manexo das novas tecnoloxías:
  • Axenda teléfono móvil
  • Blogs
  • Correo electrónico
  • Diseño gráfico
  • Facer presentacións powerpoint
  • Inicio ordenador
  • Manexo internet
  • Mecanografía
  • Ofimática
  • Organizar viajes a través de internet
  • Redes Sociais
  • Utilizar la Nintendo para reforzar la memoria
  • Webquest
  • Webs
2 Axuda coas tarefas escolares:
  • Axuda alemán
  • Axuda brasileño
  • Axuda danés
  • Axuda español
  • Axuda francés
  • Axuda galego
  • Axuda inglés
  • Axuda italiano
  • Axuda nenos/as cos deberes
  • Axuda portugués
  • Ayuda Hábitos Higiénicos
  • Clases para adultos
  • Conversa en inglés
  • Conversación brasileño
  • Impulso, iniciación inglés
  • Iniciación física, química
  • Iniciación matemáticas
3 Realización de tarefas domésticas ou as relacionadas coa subministración doméstica ou
reparacións domésticas:
  • Calceta
  • Cociña comida vexetal e natural
  • Cociñar
  • Enseñar labores de campo
  • Ensinar repostería
  • Envolver regalos
  • Ganchillo
  • Nocións de costura
  • Realizar la compra
  • Reparacións fogar
  • Tareas domésticas
4 Axuda para a realización de xestións de índole administrativa
  • Asesoramento trámites administrativos
  • Información actividades de ocio, culturales, formativas
  • Montaxe Boletín
  • Xestións administrativas
5 Acompañar en actividades relacionadas co tempo de lecer
  • Animar fiestas infantiles
  • Artigos Boletín
  • Ayudar en la confección del traje de Cigarrón
  • Baile
  • Cadros tres dimensións
  • Conversar coas persoas
  • Cuadros de hilo
  • Debuxos Manga
  • Defensa persoal
  • Fronton-tenis
  • Gaita
  • Guitarra
  • Manualidade creativa
  • Manualidades carteiras cómic
  • Nocions tocar pandereta
  • Nocións de flauta
  • Origami
  • Padel
  • Punto de cruz
  • Senderismo
  • Teatro
  • Violín
  • Yoga
6 Labores de coidado:
  • Aprender facer extensións pelo
  • Asegurar que unha persoa tome as mediciñas
  • Coidado de mascotas
  • Coidado de nenos/as
  • Coidado persoas maiores6 Gimnasia de mantenimiento7 Leer a persoas hospitalizadas
  • Manicura
  • Masaxes
  • Pedicura
  • Peluquería
  • Risoterapia
  • Tomar la tensión
  • Técnicas de relajación
7 Labores de compaña
  • Acompañamento a persoas en xeral a pasear
  • Acompañamento al cine
  • Acompañamento de persoas maiores
  • Acompañamento hospital, rehabilitación
  • Acompañamento mascotas
  • Acompañamento nenos/as
  • Leer a personas invidente
8 Outras
  • Distrubuir publicidade
  • Información sobre drogas
  • Intercambio receitas cociña vexetal e natural
  • Jardinería: podar, injertar
  • Tertulias

lunes, 3 de enero de 2011

OS BANCOS DO TEMPO


Que é un Banco do Tempo?

Un banco que en vez de contabilizar con diñeiro, contabiliza con tempo.

Ou Banco do Tempo consiste no intercambio de servizos e/ou actividades entre os socios/as que participan.

Unha persoa oferta/demanda un servizo determinado e a cambio percibe/presta outro cunha duración temporal equivalente.

Os Bancos do Tempo:

Ao liberar tempo, se convertiron nun instrumento para a conciliación da vida familiar, persoal e laboral.

Contribúen a canalizar a sociabilidade das persoas.

Contribúen a xerar capital social.

Fan que se coñeza a xente do propio lugar.

Están contribuíndo ao crecemento de redes informais e de confianza na cidadanía.