ANDAINA VINHAIS-SEGIREI
O día nove de novembro tivo lugar unha andaina entre as localidades portuguesas de Vinhais e Segirei cun percorrido de 25 km. Mais alá do feito deportivo, o obxetivo foi promover o contacto entre xentes de ambolos dous lados da fronteira así como revitalizar a antigua ruta portuguesa do Camiño de Santiago que forma parte da Ruta da Plata. A andaina foi subvencionada polo concello de Vilardebós, seguindo unha iniciativa da asociación Portas Abertas. A pesar das condicións climatolóxicas, a andaina asistiron unhas 4o persoas pertencentes os concellos de Vilardebós, Verín, e Chaves.
ANDAINA MEDIA MARATON DO CONCELLO DE RIOS.
Cun percorrido de 24 Km., o día 10 de Outubro tivo lugar neste concello unha andaina popular, cunha asistencia masiva de participantes. Ademáis da andaina, había a modalidade de Maratón, atraendo deportistas de toda Galicia.
RUTAS FOTOGRAFICAS INTERPRETATIVAS.
Organizadas pola asociación cultural Portas Abertas, os días 11,18 e 25 de setembro celebráronse saídas desde o Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardebós a Bustelo, Veiga das Meas e Feces de Abaixo para proceder a limpeza de ríos, así como toma de fotos, enmarcadas nas chamadas Rutas Fotográficas Interpretativas. O obxetivo das mesmas é concienciar a sociedade da importancia de mantener limpo o noso medio.
EXPOSICION FOTOGRAFICA:"O MAL E O BO ESTADO DOS NOSOS RIOS"
Entre o 18 de Outubro ata o 12 de Novembro, no Centro de Interpretación de Contrabando de Vilardebós, os amantes da fotografía poderan, a través desta arte, ter unha toma de contacto do estado dos nosos ríos.
XORNADA DE PAIS/ NAIS NA CIDADELLA (SOUTOCHAO). "DON RIO E DONA RIBEIRA".
Con autobuses dende Verín e Vilardebós para aquelas persoas que queiran participar no evento, o día 23 de Outubro celebraranse unha xuntaza de pais/nais e fillos/as neste lugar coas seguintes actividades: sendeiro sorpresa, identificación de especies vexetáis, xogos con paracaídas, e moitas outras actividades, cun xantar o remate.
Os interesados deben chamar o teléfono 988 417232, Centro de Interpretación do Contrabando de Vilardebós, para a inscripción.
EXPOSICION "NON QUEIMES O FUTURO".
A Casa do Escudo acolle até o día 29 de outubro a exposición
Non queimes o futuro. Mostra para a concienciación ambiental no Ano Internacional da Biodiversidade, organizada polo Obradoiro Nómade Antela, coa colaboración da Consellería de Medio Rural, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Concello de Verín.